O próximo 3 de outubro, no Centro Goianés & Jaranna Club de Goian (Tomiño), o Grupo VATAPÁ ofrece un concerto que, sen dúbida, axudará a esconxurar, do noso ánimo, o meigallo dun outono quente e convertelo así nese tempo e nese espacio, dourado e morno, que tanto precisamos.
“Acuerdate de lo que un día yo escribí pensando en ti, pensando en ti, como ahora pienso…”:
“Seguramente sexa o Jazz o océano máis extenso e máis profundo da mestizaxe musical, e por tanto vital, que o ser humano producíu nunca. O inmenso mar do Jazz encheuse cos cantos rítmicos do traballo, de chamada e de resposta, nos campos de algodón; cos diaños azuis da tristura e da pena, na escravitude; coas pregarias doridas e as blasfemias rabiosas, nadas da áspera dureza da vida; co frenesí liberador da danza, da risa e da festa; cos meigallos, os feitizos e cos quentes ritos animistas: única relixión de todos porque é a orixinaria da humanidade; co encontró aberto ou esquivo, agre ou doce, amoroso ou violento entre xentes buscadoras de vida de todos os continentes, que se cruzaron na parte de embaixo da historia, de onde procedemos. Neste inmenso océano móvese, coma peixe na auga, VATAPÁ.”
VATAPA navega, espelido, polas augas do swing, do blues, do soul, da bossa nova e, sabe transmitirnos, coma ninguen, a enerxía, a calor e a cor dos cantos sincopados da nosa verdadeira estirpe.
Excelente noticia, a volta de VATAPÁ, para levantar o noso ánimo animista, esencial.
En Goian estaremos este 3 de outubro e gozaremos de VTAPÁ