Tiven a oportunidade de traballar moi cerca de Suso Díaz, precisamente cando era Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia. Durante anos vin e vivin, muy perto del, as circunstancias, características e valores do seu labor como militante sindicalista e, concretamente, coma dirixente sindical. Así, tamén puiden percibir e disfrutar das súas cualidades persoais, ben coñecidas e por moitos recoñecidas.
Suso Díaz foi elexido Secretario Xeral nun momento especialmente complexo para as CC.OO. Era o momento de converter unha organización do movemento obreiro, en defensa dos traballadores e traballadoras e, ao tempo, en loita contra a dictadura na clandestinidade, nun sindicato de clase, de catacter nacional galego, operativo na democracia e que cumprira o seu primordial papel constitucional, tal como se recolle no título preliminar da Constitución.
Neste traballo, o empeño e a claridade de Suso Díaz foron fundamentais. Como importante foi a súa opción pola independencia partidaria das CC.OO., sen menoscabo algún dunha clara referencia política propia e leal ás súas orixes.
De feito, foi patente o seu posicionamento de clase fronte as frecuentes tensións gremialistas ou corporativas, muy propias da complexa evolución do mundo do traballo, e a súa aposta polo caracter nacional galego das CC.OO., fronte á perenne tentación centralista, nun país que non dá resolto a articulación da súa propia diversidade.
O diálogo social permanente, sobre todo na negociación colectiva, debidamente apoiada na lexítima presión sindical, foi eixo central da estratexia que desenvolveu, buscando sempre, decididamente, a unidade de acción coas outras organiacións sindicais.
A etapa de Suso Díaz, como líder das CC.OO de Galicia foia un momento brillante e influinte, senon a máis, deste sindicato na sociedade galega e na vida política deste país.
Galicia perde hoxe un referente social e político fundamental na historia reciente do país e moitas persoas choramos ao compañeiro e amigo bo, xeneroso, entrañable e leal.