O proxecto de instalación da celulosa de Altri na ULLOA, ameaza directamente a toda esta comarca no corazón de Galicia, a unha das súas arterias fundamentais com é o río Ulla, a un espacio altamente sensible como é a Ría de Arousa e, consecuentemente a toda Galicia. “Estamos ante unha bomba ambiental altamente contaminante, non só para a comarca da Ulloa. Para empezar, provocará unha sorte de “necrose eucalíptica” que incrementará a plantación destas árbores foráneas e “pirófilas” en toda Galicia. De seguido, desde o corazón mesmo do país, a través da grande arteria do Ulla, bombearase sangue mórbido que infectará a ribeira e chegará á ría de Arousa. E non esquezamos que “a nosa vida son os ríos que van dar ao mar que”, no caso de Galicia, é o vivir. Estamos, quizais, ante o principal problema ecosocial actual do país”.

O perigo é meirande aínda pola complicidade e connivencia con Altri do Goberno do PP, empeñado en facilitar a instalación e a absorción de fondos europeos por parte da empresa agresora. Únicamente a conciención e movilización social poden evitar esta agresión.

Debemos, polo tanto movilizarnos e suxerir ou promover iniciativas de loita e resistencia que impidan este desastre ambiental, económico e social.

No eido das suxestións coido que a Comarca da Ulla deberá ser, nestes momentos, un lugar onde se concentraran actividades políticas, socias, culturais de colectivos, asociacións, partidos, sindicatos ou entidades que escolleran ULLOA coma sede das súas propias actividades internas e as aproveitaran e utilizarán, tamén, para manifestarse contra o proxecto Altri. Asembleas, reunións, festas e eventos de todo tipo poderían escoller espacios ou instalacións da Ulloa para organizar as súas actividades e mostrar así a súa repulsa ao fatídico proxecto.

Trataríase de que partidos e  organizacións  celebraran aquí  os seus comités, asembleas e reunións; que, por exemplo, os cristiáns galegos escolleran a ULLOA para para as súas romaxes; que eventos de presentacións culturais se fixeran desde A UlLOA ou que todos os peregrinos, ao seu paso por Palas, poideran recibir unha pequena publicación explicando, en varios  idiomas, a entidade  do problema que, por certo, tamén lles toca de cerca.

A ULLOA debe ser neste intre un centro neurálxico de actividades susceptibles de movilizar e concienciar á cidadanía pola gravidade desta amenaza.

 

 

Comparte esta entrada