Maura fixo mal en morrer.  Seguramente o único que realmente fixo mal en toda a  súa vida.

Eu xa sei que foi sen querer, pero o certo é que a súa morte, prematura  e inesperada, está a facer moito mal a moita xente, a causar moita tristeza, a tinguir de loito este fin de ano.

Pero ela nin conta se deu porque, se se decatara, por non facer mal, nin morrería.

Hoxe hai moita xente dorida e triste, moi triste.

Meu pai cando estaba abstraído, pensando no seu, e alguen o interrompia, protestaba dicindo: “¡non me desausentes!”.  Iso quero facer agora: “Desausentar” a Maura e facer presentes tantos momentos, vivencias e acenos seus que, tan xenerosamente,  achegaron  agarimo, beleza, humor  e ledicia as nosas vidas.

Quen “desausente” a Maura, ímolo ver, vivirá experiencia de chorar rindo e poderá comprobar como se acouga a tristeza,  cando  Maura ilumina  a memoria.

Eternamente Maura.

 

 

 

 

 

Comparte esta entrada