Arredor do actual debate sobre unha amnistía, de momento presunta e desoñecida nos seus termos concretos, lembrei algo, que escribín para a revista IRIMIA hai uns cinco anos, sobre os procesos abertos aos secesionistas. As amnistías, indultos ou otras fórmulas de esquecemento e perdón teñen diversos obxectivos, pero un deles, se dúbida, e o de superar a inxustiza, obxectiva e material, que se produce por unha aplicación excesiva ou tortuosa do dereito.  Trrataríase, en definitiva, de subsanar  o que definía aquel ciceroniano aforismo: Summun jus suma injuria. Naqueles días (2018) escribín o seguinte:

“Parece que non lles chega nin á Fiscalía, máis do Goberno que do Estado, nin a algúns xuices instructores con imputar ou acusar a dirixentes secesionistas cataláns por desobediencia, prevaricación ou malversación, ainda que estes delitos supoñan  longas penas de prisión, moitos anos de inhabilitación e, seguramente, fortes sancións económicas. Non lles chega e por iso tentan de construir un relato acusatorio contra os dirixentes secesionistas aducindo o emprego programado e efectivo de violencia para poder imputalos por sedicción, ou si a violencia é maior, por rebelión. Este relato acusatorio lógrase forzando  a interpretación das leis e  reteorcendo a percepción xurídica dos feitos.

Esta é a razón pola que a Xusticia alemana e, probablemente, a dos restantes países europeos, que teñen que decidir entregas ou  extradicións, están dando un duro correctivo á Xustiza española por  forzar, violentar ou retorcer o estado de dereito e os principios  democráticos esenciais, que deben inspirar a acción da xustiza na UE. A impresión que dan os fiscais e xuices, implicados na forzada calificación dos delitos atribuibles aos separatistas cataláns, é que, máis que buscar o restablecemento da xustiza e a sanción xusta e racional dos delitos, estes funcionarios buscan unha sorte de vinganza do Estado español, a  condena máis rotunda  e a sanción exemplar e exemplarizante, que disuada de futuras pretensións independentistas, que estimule e movilice ao vello nacionalismo españolista  e que poida frear a evolución dos autogobernos periféricos para reconducilos a un renovado centralismo, a gran cobiza das dereitas españolas.

Malo é  forzar as costuras da democracia, deturpar as prácticas dun estado de  dereito, confundir vinganza con xustiza ou buscar calificacións xurídicas interesadas de feitos, tamén deformados, para fins alleos á estricta aplicación das leis, da xustiza e da garantía dos dereitos das persoas. Malo é, pero é aínda peor, e máis perigoso, simular que houbo violencia onde non a houbo, atribuirlla a quen nunca a practicou nin promoveu e esgrimila en falso para lograr maior condena e aplicar maior castigo.

Estes, digamos, excesos de fiscais e instructores, ¿serven para disuadir do uso da violencia política ou, de facto,  facilitan exercela ou xustificala, dado que a represión e o castigo serían os mesmos haxa ou non efectivamente violencia?

Sempre a violencia xera violencia, pero peor será si a violencia inxusta é a do Estado.

 

 

Comparte esta entrada