Conmoveume o falecemento de XAVIER NAVAZA, un excelente xornalista que pertenceu a unha moi relevante xeración de periodistas galegos  que comezou a súa andaina profesional no solpor do franquismo ou no momento da transición e que, sen dúbida, marcaron  o devir do xornalismo en Galicia. Rigoroso, perspicaz e cun moi recoñecible estilo propio viviu apaixoadamente o exercicio da sua profesión. Formou parte da redacción da revista TEIMA, a primeira revista semanal de información xeral semanal  totalmente en galego,  que tivo unha existencia efímera pero moi s¡gnificativa e que aglutinou un elenco de redactores e colaboradores que, seguramente, achergaron un ton xeracional  recoñecible ao periodismo galego. Mantivo unha especial relación e querencia con Cataluña, exercendo como cotrresponsal de varios medios cataláns e cultivou, como escritor, o ensaio político  onde destacou como coñecedor das entrañas do poder en Galicia e como agudo analista. Como redactor, cronista e columnista rematou a súa carreira profesional no xornal compostelan, El Correo Gallego.

É natural a reacción xeral de condolencia que suscita o pasamento de Xavier Navaza, á que me sumo de corazón  porque tiven a fortuna de coñecelo e tratalo.

 

 

 

 

Comparte esta entrada