ENSAMBLEISAAC é unha homenaxe-memorial permanente a ISAAC DIAZ PARDO instalado no Castelo de Santa Cruz en Oleiros
A instalación e da iniciativa e autoría do pintor galego PACO DIAZ, que deseñou unha obra escultórica, consistente nunha columna conmemorativa, construída con pezas deseñadas polo autor, executadas por unha ampla representación de oleiros e ceramistas galegos e ensambladas polo propio Paco Díaz.
Arredor desta columna conmemorativa móstranse obras pictóricas, fotográficas, literarias e musicais de recoñecidas autoras e autores galegos, creadas e realizadas para esta homenaxe-memorial.
Todas as obras, que se mostran arredor da columna no Castelo de Santa Cruz, recóllense nun LIBRO que se abre co limiar de dous poemas inéditos e escritos para esta homenaxe pola poeta galega, recentemente finada, LUZ POZO GARZA.
O CONCELLO DE OLEIROS acordou acoller esta exposición e instalala a modo de memorial permanente no Castelo de Santa Cruz.
Esta homenaxe inaugúrase e ábrese no ano do centenario do nacemento de ISAAC DIAZ PARDO que, ademáis da súa polifacética contribución cultural a Galicia, deixou en Oleiros a pegada inesquecible do seu especial afecto por esta veciñanza.