A Fundación TILVE de UGT-Galicia outorgou o premio “Traballo Digno – 2023” a quen fora Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia, Xesús Díaz.
Tiven a oportunidade de traballar moi cerca de Suso Díaz, precisamente cando era Secretario Xeral de CC.OO. Durante anos vin e vivin, muy perto del, as circunstancias, características e valores do seu labor como militante sindicalista e, concretamente, coma dirixente sindical. Así, tamén puiden percibir as súas cualidades persoais, ben coñecidas e por moitos recoñecidas, nas que non vou entrar, por non amolar o seu pudor, máis que por cousa ningunha.
Suso Díaz foi elexido Secretario Xeral nun momento especialmente complexo para as CC.OO. Era o momento de converter unha organización do movemento obreiro, en defensa dos traballadores e traballadoras e, ao tempo, en loita contra a dictadura na clandestinidade, nun sindicato de clase, de catacter nacional galego, operativo na democracia e que cumprira o seu primordial papel constitucional, tal como se recolle no título preliminar da Constitución. Neste traballo, o empeño e a claridade de Suso Díaz foron fundamentais. Como importante foi a súa opción pola independencia partidaria das CC.OO., sen menoscabo algún dunha clara referencia política propia e leal ás súas orixes.
De feito, foi patente o seu posicionamento de clase fronte as frecuentes tensións gremialistas ou corporativas, muy propias da complexa evolución do mundo do traballo, e a súa aposta polo caracter nacional galego das CC.OO., fronte á perenne tentación centralista, nun país que non dá resolto a articulación da súa propia diversidade.
O diálogo social permanente, sobre todo na negociación colectiva, debidamente apoiada na lexítima presión sindical, foi eixo central da estratexia que desenvolveu, buscando sempre, decididamente, a unidade de acción coas outras organiacións sindicais. Seguramente esto último tivo moito que ver co exemplar xesto da UGT-Galicia de outorgar un premio da súa Fundación a tan destacado dirixente “da competencia”.
A etapa de Suso Díaz, como líder das CC.OO de Galicia foia unha etapa brillante e influinte, senon a máis, deste sindicato na sociedade galega e na vida política deste país.
Parabéns, xa que logo, a Suso Díaz e ao Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.