Morreu QUINO aos 88 años. Coñecido en todo o mundo por ser o creador de MAFALDA que, coa súa cuadrilla ponía de volta e media “o pensamento único”, o “esto é o que hai” e o “non hai nada que lle facer”.
Hai unha traducción ao galego de MAFALDA, posiblemente esgotada, realizada no seu día por XOÁN RAMÓN DÍAZ, que sería unha excelente idea reeditar en homenaxe ao seu creador. Ainda que só sexa porque QUINO soubo captar moi lúcidamente, polo menos en parte, a idiosincrasia do fillo dun inmigrante galego na Arxentina, MANOLITO, cargado dese cru realismo escéptico, tan característico dos vellos pobos que souberon soportar mellor o peso duro da historia.
Que a QUINO a tierra lle sexa leve e que volva a facernos pensar en tempos incertos a Mafalda galega.